Aquí tedes unha selección dos obradoiros regulares que impartimos ao longo do curso.

Para adultos…

Idea, concepto e proceso da creación Fotografía de Nacho Mascuñán

Idea, concepto e proceso da creación
Fotografía de Nacho Mascuñán

IDEA, CONCEPTO E
PROCESO DA CREACIÓN

Buscaremos a linguaxe de cada participante a través da profundización de todo o proceso creativo (desde a idea inicial, ata o resultado final).

Para acadala, practícanse distintas técnicas (acuarela, debuxo, escultura…), tanto para coñecer as ferramentas precisas como para atopar con que xeito de expresión se sinte cadaquén máis cómodx.

Máis info…

 

ALMORZO DE LETRAS.
TALLER DE NARRATIVA.

Aprenderemos a utilizar as ferramentas que compoñen un relato, o uso dos distintos subxéneros narrativos e a pulir a voz interior de cada escritor/a.

Todo isto estará acompañado dun almorzo no que falaremos do cotián, de lecturas, de outros textos escritos para motivar a imaxinación e a creatividade.

Máis info…

 

…e para nenxs.

ARTE E IDIOMA.
INGLÉS OU FRANCÉS

A través do descubrimiento de distintas técnicas de arte, xs nenxs aprenderán unha lingua nova (inglés e/ou francés).

Combínase o teatro, pintura, modelaxe… Neste ambiente familiar e divertido xs nenxs desenvolverán un xeito propio de expresarse á par que coñecen outros países e culturas.

Máis info…

 

 

 

Pequeartistas de AirePEQUEARTISTAS

Xs nenxs non só aprenderán técnicas artísticas (debuxo, pintura, gravado, escultura, arquitectura…) ou técnicas de composición, cor, espazo…

Desenvolverán capacidades e destrezas, atoparán as súas propias capacidades comunicativas, descubrirán o traballo de outrxs artistas, entre outras cousas.

Máis info...