En Aire centro de Arte realizamos unha serie de exposicións e eventos, de arte contemporánea, que serven de guía e unión entre as didácticas que conforman a escola, un xeito de achegar a arte a todo o mundo.

Este trimestre inauguramos as seguintes exposicións:

Limerencia entre las líneas, de Irene F. Hevia. O vindeiro 29 de setembro, ás 20:30, inauguramos curso coa exposición de Hevia. Trátase dun conxunto de ilustracións que, cun único trazo, retrata as emocións e sentimentos que hai detrás dun bico, as atraccións que se xeran tras este xesto.

Deconstrución cerámica, de Bea Romarti. O 23 de novembro, ás 20:00 é a quenda de Romarti. A artista fainos reflexionar sobre o papel da cerámica, desde un obxecto cuxo uso é máis cotián, ata deformarse a súa utilidade ata ser un obxecto xestual.

 

No apartado dos eventos

Acción detrás do pseudónimo. Quen se agocha tras unha sinatura? Canto peso ten o noso nome á hora de crear? Prestade atención, porque iremos desvelando, ao longo dos días, que hai detrás dos trazos. O 16 de novembro a resolución final.

 

E moi pronto o número 14 de Aire fanzine de Arte!