… é un espazo colaborativo en donde vos podedes atopar distintas caras das artes, do crecemento personal e da cultura. Así, en dúas plantas, ademais de exposicións de Arte Contemporánea e obradoiros de arte e escritura acharedes:

 …ao ÁRBOL BLANCO, situado na primeira planta, é un espazo dedicado á psicoloxía, o ioga e o cremento personal que naceu como un lugar de encontro para a consciencia, a creatividade e o crecemento conxunto… dirixido pola psicólogo Marta del Río Casanova.

… a CUNCA EDITORA, unha editorial que xorde en Santiago de Compostela co propósito de acadar un oco na industria editorial galega. O seu eido é o libro fotográfico, de divulgación, con temática decididamente arraigada no noso territorio, explorando as distintas vertentes da nosa cultura –os distintos perfís do noso país–. O noso obxectivo é recoller con eficacia e profesionalidade unha serie de temas e tratalos con renovado interese, para transmitilos ao noso público en consonancia coas súas expectativas, enfocando naqueles puntos máis salientables da nosa cultura e xeografía. O camiño é a obxectividade, afastada dos prexuízos que rexen habitualmente o achegamento á nosa sociedade. A nosa pretende ser unha visión contemporánea, moderna, froito do noso devir de pobo formado, que se mergulla con honra no mundo ao que pertence. Xa non é unha mirada parva ou estranxeira. Querémonos mirar a nós mesmos dende a óptica do século XXI. A nosa cultura, o noso patrimonio, pero tamén a nosa evolución, o noso lugar no mundo.

E a ASESORÍA XURÍDICA-ARTISTICA da avogada Visi López del Riego, dedicada ao asesoramento xurídico integral para distintos profesionais (autónomos, empresas…) e afeccionados do sector artístico e cultural. Os servizos que poderes atopar son os seguintes:

Propiedade intelectual, dereitos de autor e dereito audiovisual:

* Protección da condición de autor e inscrición de obras no Rexistro da Propiedade intelectual, Entidades de Xestión, Depósitos Notariais.

* Actuacións e/ou reclamacións ante Entidades de Xestión Colectiva de Dereitos de Propiedade Intelectual.

* Protección de dereitos económicos e morais do autor.

* Resolución extraxudicial e xudicial de conflitos en defensa da Propiedade Intelectual: explotación indebida de dereitos, plaxio, cese de actividade ilícita, indemnización de danos, réxime de gananciais no dereito de autor, hipoteca e embargo de dereitos de autor, herdanza e legado no dereito de autor.

Redacción de contratos, negociación, asesoramento e mediación en todos os sensos artísticos e/ou culturais:

* MUSICA: contratos discográficos, de actuación artística, licencias, patrocinio, de execución musical, management, esponsorización, produción, distribución, posprodución, cesión de dereitos, execución musical.

* LETRAS: contratos editoriais en papel e formato dixital, obra por encargo, tradución, impresión, publicacións periódicas, distribución, presentación a premios ou concursos.

* AUDIOVISUAL E ARTES ESCÉNICAS: contratos de actuación, produción, episódicos, extras, dobraxe, localización, adquisición de dereitos de obras, adaptacións, representación teatral, de emisión o transmisión de representacións, cesión de dereitos de imaxe e acordos de publicidade.

*OBRAS PLÁSTICAS E FOTOGRÁFICAS: contratos de compraventa de obra, acordos entre artista e galerista, cesión de dereitos de imaxe, contrato con aseguradoras de obra artística, taxación de obra, depósitos, préstamos, cesións, doazóns e dacións de obras individuais e coleccións.

*NOVAS TECNOLOXÍAS: propiedade intelectual en internet, licencias creative commons, venta de obras on-line, réxime xurídico de páxinas e sitios web, nome de dominio, obras virtuais e transmisións dixitais interactivas.

Propiedade Industrial:

* Inscrición, tramitación e protección de: marcas, nomes comerciais, modelos de utilidade, deseños e nomes de dominio.

* Resolución arbitral e xudicial de conflitos en materia de marcas.

* Xestión e tramitación ante distintos organismos: Oficina Española de Patentes e Marcas, Organización Mundial da Propiedade Intelectual.