Club de creación literaria en idiomas (inglés, francés, alemán)

Este ano estendemos os obradoiros de escritura en galego e/ou en español a outras linguas, fusionando os conceptos de taller de escrita e club de lectura. Así, grazas á colaboración con Lorca Institute, presentámosvos o Club de Creación literaria en diversas linguas: inglés, francés e/ou alemán.

Unha vez ao mes, escollerase unha lectura en cada unha das linguas propostas. A partir dese texto, as persoas participantes non só comentarán o lido, senón que construirán un texto segundo o estilo, xénero ou tema tratado pola autora lida, no idioma do texto, por iso é preciso ter coñecemento previos da lingua escollida. Cada sesión estará dirixida por unha profesora da escola de idiomas Lorca Institute:

Alemán: Nuria Suárez creceu en Suíza rodeada de distintas culturas e sempre tivo claro que se dedicaría ás linguas. Estudou Tradución e Interpretación de inglés e alemán na Universidade de Vigo mentres daba clases particulares no seu tempo libre. Para ela o ensino significa contaxiar a paixón por aprender.

Francés: Lucía Vila, profesora de francés, naceu en Francia.  Profundamente namorada do ensino de idiomas, decidiu especializarse tamén en tradución e interpretación.

Inglés: Melissa Krecklow, nativa de EEUU, leva varios anos en Galicia, o que lle permite dominar o galego, o español e o inglés. Ademais ten experiencia impartindo clases a crianzas.

As xornadas son independentes, é dicir pódese vir só un mes, a varias linguas ou escoller o mes segundo a proposta literaria. Incluso dáse a oportunidade de facer un bono de sesións nas que poder combinar idiomas e/ou meses. O horario para cada xornada é o seguinte:

inglés: 1º sábado de cada mes, de 11:30 a 13:30
francés: 2º sábado de cada mes
, de 11:30 a 13:30
alemán: 3º sábado de cada mes
, de 11:30 a 13:30

Prezo.- 20€/mes con material incluído

Máis información e reserva de prazas en:
airecentrodearte@gmail.com // 981 589 509

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *