Almorzos creativos

Un ano máis, xuntámonos as mañás do sábado para almorzar e descubrir as entrañas da narrativa. Desde unha perspectiva práctica, as persoas participantes aprenderán as diversas opcións de uso das ferramentas narrativas (narrador, personaxes, tempo, espazo, trama…) para, desde o coñecemento destas, experimentar e deixarse levar pola escritura dunha historia.

Mensualmente abordarase un tema, moitas veces suxerido pola exposición do momento en Aire centro de Arte, que permita traballar algún elemento en concreto e un subxénero narrativo. Para iso, durante a sesión proporanse lecturas relacionadas de autoras recoñecidas e unha serie de exercicios para poder practicar. A escribir apréndese escribindo e lendo. Os textos elaborados en cada clase leranse en voz alta de xeito que as persoas deixan atrás medos, aprendan a elaborar unha crítica construtiva e a corrixir en función das suxestións aportadas polas compañeiras.

Ao final de curso proponse un exercicio reflexivo no que desenvolver todas as ferramentas aprendidas ao longo do obradoiro, que será presentado na exposición de fin de curso.

O obradoiro desenvólvese os sábados de 9:30 a 11:30.

Ten un prezo de 40€/mes con material e almorzo incluído.

Andrea Barreira Freije é a profesora encargada de impartir o obradoiro. Licenciada en xornalismo, conta con varios relatos publicados (tanto para un público adulto como para infantil) e a novela xuvenil Non hai luz sen escuridade, publicada por Urco Editora.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *