Teatro e Idioma (inglés) para crianzas

Como novidade, este ano abrimos matrícula para Teatro e Idioma para crianzas, en inglés, como parte da colaboración co centro de idiomas Lorca Institute. Está pensado para nenxs entre 8 e 12 anos. As sesións terán lugar os mércores de 17:45 a 19:30. O prezo  do obradoiro é de 35€/mes.

O taller estará impartido por Minke Lap, licenciada en Arte Dramático, traballou  como profesora, actriz e directora e actualmente imparte clases de teatro en inglés e alemán. Actualmente é docente na academia de idiomas Lorca Institute.

Os obxectivos do curso son os seguintes:

As clases son unha alternativa ao ensino académico, ofrecendo unha experiencia nova para gozar o idioma nunha contorna diferente ao da clase tradicional. Neste novo contexto xs nenxs sentiranse libres de expresarse artisticamente á vez que gozan de falar inglés e aumentan e reforzan a súa auto estima.

Co obxectivo de soltarse, divertirse, aprender, interactuar e comunicarse, crearemos escenas nas que se pon en práctica o inglés cotián. Tamén traballaremos as principais ferramentas dx actor/actriz que son o corpo, a voz e a mente, ademais de escoita, a aceptación, a imaxinación, a espontaneidade e a atención como puntos de partida. Así mesmo, descubriremos numerosos métodos e técnicas, como os métodos de Keith Johnstone e de Jersy Grotowsky entre outros, e usaremos xogos para actores e non actores de Agosto Boal.

Traballaremos a expresión corporal e oral, introducindo vocabulario e gramática dunha forma lúdica. O enfoque será a comunicación a transmisión de ideas e a improvisación.

Estrutura da clase.

Cada sesión dividirase en tres partes:

  • O quecemento, para entrar en contacto co corpo, durante o cal traballaremos a relaxación, flexibilidade, o coñecemento do corpo, a resistencia, a voz e o ritmo.
  • Os xogos, que estimulan a imaxinación e a creatividade sendo a forma perfecta de aprender e practicar o vocabulario e a gramática.
  • O escenario aberto, no que se traballa en cada clase un tema cotián como por exemplo: na escola, no médico e a construción dunha casa, co lema: “Se non se sabe, invéntase”.

Ao final de cada trimestre presentarase unha pequena mostra do material que saíu do escenario aberto.

Máis información e reserva de prazas en:
airecentrodearte@gmail.com // 981 589 509
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *