Almorzo literario. Obradoiro de escritura creativa

AlmorzoOs sábados, acompañadxs por un almorzo, xuntarémonos para crear textos narrativos. Cada mes abordarase un proxecto diferente polo que, malia ser un obradoiro anual, as persoas interesadas poderán incorporarse o mes que desexen.

Escribir, crear… pode ser unha actividade distendida e liberadora. Por iso, facelo nun ambiente próximo e acolledor facilita que se solte a nosa creatividade e confianza, favorecendo que a escritura chegue a xurdir practicamente soa, cun pequeno empurre. Non é preciso ter coñecemos previos, só interese e ganas de aprender e, sobre todo, escribir.

Non se pode esquecer que cada quen ten a súa propia voz interior e o seu xeito de ver o mundo, de aí que cada persoa se exprese, resalte unhas ou outras cousas… dun xeito distinto ás demais. Neste obradoiro puliremos a nosa mirada e experimentaremos novas visións.escribir

O obradoiro é principalmente práctico. En cada xornada crearanse distintos relatos a través dos que aprenderemos conceptos teóricos, mais sempre partindo das creacións, ben propias, de autorxs con certa traxectoria ou recoñecidxs. Ademais aproveitaremos a relación entre distintas artes (os propios xéneros literarios, as artes plásticas, o cinema, a música…) para construír textos.

IDADES: a partir de 12 anos

HORARIO: Sábado de 9:30-11:30

PREZO: 40€ dúas horas (inclúe almorzo)

Máis información en:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *