Abrimos matrícula!

 

13770283_1021953361253717_5419239406168613928_n-300x201Un ano máis convidámosvos a matricularvos nos obradoiros regulares que terán lugar en Aire centro de Arte durante 2016-2017. Para ir abrindo as ganas, deixámosvos as diferentes opcións que vos poderedes atopar. Estade atentxs, pois iremos ampliando información sobre cada curso.

 

 

NENXS

1.- Arte e Idioma. Poderase escoller entre inglés e francés. (entre 4 e 12 anos)

2.- Arte (dous grupos: de 4-8 e de 9-14 anos)

3.- Escritura (de 8 a 12)

 

ADULTOS (Neste apartado, entendemos como adultos ás persoas maiores de 14 anos)

1.- Concepto e Idea da Creación

2.- Club de lectura + escritura creativa

3.- Almorzos literarios

 

Ademais continuaremos cos obradoiros puntuais de debuxo ao natural, gravado, origami… e moitas máis sorpresas.

 

Para información e matrículas:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

 

 

 

 

Por favor seguenos e comparte:

Arte e idioma para nenxs

origami-350x245Benvidx ao espazo do noso obradoiro de creatividade e idiomas! Se queres saber máis sobre a nosa liña didáctica, pódela consultar aquí.

O noso obradoiro de creatividade e lingua estranxeira (inglés ou francés) é un espazo adicado a estimular o descubrimento da arte coas mans, cos ollos e coas orellas nos nenos e nenas que veñen compartir o seu tempo con nós.

gravado-187x300Na nosa ampla aula contamos cunha exhaustiva selección de materiais cos que espertar o seu interese e mudalo nun pensamento, nunha emoción, nunhas ganas de xogar coas que aprenden, e en palabras que irán facendo súas. Aquí pintamos e falamos, si, pero para iso lemos, escoitamos música, cantamos, danzamos, modelamos, construímos, facemos teatro… e rimos moito.

O noso método baseado en materiais e proxectos ten por obxectivo que os nenos e nenas interactúen coa arte desenvolvendo unha visión propia, acorde coas súas experiencias, e que quede reflectida nun traballo, nunha obra da que poder falar e sobre a que reflexionar durante o proceso de creación e tamén a posteriori.

O noso percorrido dará comezo no mes de outubro: ao longo do curso escolar, da man da arte e da lingua, descubriremos pezas artísticas de distintos países e culturas e tamén de distintos momentos da nosa historia da arte, que nos servirán de inspiración para pensar, para falar, e crear as nosas propias reinterpretacións ao tempo que probamos técnicas e materiais.

IDADES: DE 4 a 12 anos

HORARIO: Luns de 16:30-18:00 // Xoves de 17:30-19:30

PREZO: 45€ hora e media // 60€ dúas horas

Máis información en:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Mamá quero ser artista. Peche de curso

mamaqueroserartista-350x245FICHA TÉCNICA:

Exposición: Mamá quero ser artista 

Artistas:  
todxs xs alumnxs de Aire centro de Arte

Data: 30 de xuño de 2016.

Duración: A partir das 19:30h

Público: Todos os públicos.

Seguir leyendo Mamá quero ser artista. Peche de curso

Por favor seguenos e comparte:

A mirada de xénero entre as liñas da literatura infantil e xuvenil

julialaniñaqueteniasombradeniño-289x300Para pechar as xornadas de xénero Ollal sen botón, o 4 de xuño, falamos dun aspecto clave para reducir as diferenzas: a educación. Dentro desta, e relacionándoo co feito de construírmonos como seres humanos, centrámonos na literatura infantil e xuvenil. A charla foi dada por Montse Pena e Visi López del Riego.

Comezou Montse facendo un percorrido pola historia das mulleres que escribiron ou difundiron esta literatura ou se adicaron á educación. Esas que forman parte dunha historia moitas veces borrada e esquecida, como o Movemento de Renovación Pedagóxica, Mestras Independentes Organizadas ou proxectos como A favor de las niñas por numerar unhas poucas.

Tras falar do papel que tivo a muller nos movementos educativos, Montse centrouse no seu papel dentro da literatura infantil e xuvenil. Así contounos que aínda que houbo un momento no que foron “relegadas” a el pola suposta capacidade didáctica do xénero feminino. Ademais chamounos a atención sobre aínda que tradicionalmente as mulleres son as autoras máis numerosas deste xénero, son os nomes dos autores varóns os que se lembran, recoñecen ou nomean.

Tras este paseo pola historia, Montse centrouse en responder á pregunta: pode un libro non ter ideoloxía? Así, na literatura infanto-xuvenil galega vemos como evoluciona a perspectiva de xénero de xeito transversal: desde o momento en que se comezan a introducir personaxes femininas como protagonistas, primeiro nuns roles máis tradicionais e logo a outros que reivindican o seu ser, ata reescribir ás personaxes femininas clásicas. Despois, na actualidade, comezaron a ser introducidas novas realidades: transexualidades, homosexualidades, diversidade funcional, novas masculinidades, multiculturalismo… amosando como a visión de xénero se converte en algo transversal.

Pechou a charla, unha vez máis, Visi López del Riego facendo un repaso das políticas educativas previas á II República ata chegar a actualidade. Así, explicounos o avance republicano que consideraba a educación como un dereito para nenos e nenas. Avance que se detivo na época franquista na que, malia ser considerado un dereito, separouse ao alumnado en función do seu sexo, e por esa causa, dividíronse os contidos segundo os roles que se consideraban propios de cada un.

Xa coa democracia, volvéronse a unir aulas e temarios, dándolle liberdade ás Comunidades para interpretar a lei estatal. Porén, non se introduce de xeito claro e preciso a perspectiva de xénero, chamando a atención sobre o feito de que malia ter unha lei de xénero esta non se distribúe transversalmente noutras como é a educativa.

En conclusión, quedou patente a necesidade dunha literatura infanto-xuvenil que conciencie e amose realidades alén das habituais e unha escola aberta que nos recoñeza nas diferencias e axude a aceptarnos unhas ás outras. A literatura galega, viva e dinámica está en camiño, mais precisa dunhas personaxes que saian do habitual e xeral (que aumente a presenza de rapacxs con diversidade funcional ou homosexual por nomear algúns casos).

Por favor seguenos e comparte:

Biografías das conferenciantes

 

LUCACHAO-NOSE-150x150Luca Chao Pérez (Lugo, 1988): Licenciada en Ciencias Políticas (2011) pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster Oficial Universitario en Migracións Internacionais con especialización en Políticas Migratorias (2012) pola Universidade da Coruña. Foi bolseira de investigación no departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela (2010-2011). Actualmente realiza a súa tese doutoral sobre os solicitantes da nacionalidade española a través da Disposición Adicional Sétima da lei de Memoria Histórica.

renata-otero-150x150Renata Otero (Barcelona, 1972): Licenciada pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona con Especialidade de Imaxe (1994). Doutoramento Arte y Cotidianidad, polo Departamento de Historia da arte da Facultade de Xeografía e Historia na Universidade de Barcelona (2002). Doutora Cum Laude polo Departamento de Historia da arte da Facultade de Xeografía e Historia, na Universidade de Barcelona coa tese: Chantal Akerman: Estratexias para a autorrepresentación (2007). Actualmente traballa como investigadora e artista.

montse-pena-presas-150x150Montse Pena Presas (Sada, 1981): Licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura na USC. Actualmente é bolseira da mesma universidade, onde preparou a súa tese de doutoramento. No campo da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro dá Cultura e Protexta) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal, etc.) Tamén é coordinadora de redacción de Fadamorgana. Revista Galega de Literatura Infantil.

visitacion-400x450Visi López del Riego (Salamanca, 1973): Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo. Cursos de doutorado na rama de Dereito Privado na mesma universidade, con título na Escola de Práctica Xurídica do Principado de Asturias. Avogada pertencente aos Colexios de Avogados de Oviedo e Santiago de Compostela. Especialista Universitaria polo Instituto de Dereito Industrial (USC) en Dereitos de Autor, Marcas, Propiedade Intelectual e Industrial. Actualmente compaxina o exercicio libre da avogacía coa participación en talleres, charlas, seminarios, redacción de artigos e reseñas legais, e actividades de formación xurídica.

Por favor seguenos e comparte: